Sunday 19 de May de 2024

A Xunta investiu na comarca do Barbanza 230.000 euros en 4 proxectos de Galicia Rural Emprende


O delegado territorial da Xunta visitou as instalacións nas que se instalará un novo taller de xoiería na Pobra que contou cunha axuda desta orde de 70.000 euros

O delegado territorial da Xunta, destacou hoxe en A Pobra do Caramiñal o compromiso da Xunta de Galicia con este concello no que investiu máis de 1,9M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018.

O representante do goberno autonómico destacou que todos os municipios son prioritarios e por iso a Xunta está presente tanto a través do apoio directo aos concellos, como a través da mellora das infraestruturas públicas como apoiando á iniciativa privada.

Ovidio Rodeiro realizou estas declaracións durante a visita as instalacións do taller de artesanía A Raposiña, unha das empresas beneficiarias do plan Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio. Concretamente, esta iniciativa consiste na creación dun taller de fabricación e comercialización de cerámica e xoiería e bixutería artesanais que contou cunha achega de 70.000 euros.

Na comarca do Barbanza apoiáronse 4 proxectos en Muros, Carnota, Boiro e A Pobra do Caramiñal que contaron cunha achega en total de 230.000 euros. Na provincia foron 22 os proxectos beneficiados, por esta orden de axudas, con achegas de 1,2 M€ que mobilizaron case 2,4 M€.

O representante do goberno autonómico lembrou que ata o vindeiro 4 de marzo permanece aberta a convocatoria do programa Galicia Rural Emprende, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará 70 proxectos de autónomos e emprendedores con axudas por valor de 4 millóns de euros, que mobilizarán investimentos que acadarán os 8 millóns de euros e que posibilitarán a creación duns 200 empregos. Entre as actividades industriais prioritarias que o Galicia Rural Emprende pretende impulsar figuran as de sectores como automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC, audiovisual, pedra natural e industrias creativas, entre outras.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria foi a que realizou un maior esforzo inversor neste municipio no 2018, chegando a un investimento total de máis de 629.000 euros nos distintos programas de formación e fomento do emprego.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 366.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos.

Igualmente Ovidio Rodeiro resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas de axuda a domicilio de máis de 165.000 euros que beneficiaron a 45 usuarios. Este departamento tamén destinou máis de 67.000 euros para o centro de Atención Temperá.

Por último, fixo referencia ao apoio da Consellería do Mar para plans a confradías e particulares a través do Fondo Europeo Marítimo que deixaron neste concello máis de 408.000 euros.